Os afectados pola estafa das preferentes de NovaGaliciaBanco atopánse nunha situación desesperada

Imprimir
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A plataforma de afectados pola estafa das preferentes do Val Miñor explican a situación e os motivos do peche que manteñen dende o pasado luns na oficina de NovaGalicia Banco e ondomar.

Os manifestantes manterán a sua protesta durante todo o nadal incluídas as datas de festividade máis sinaladas.

Algúns afectados viven situacións tan "kafkianas" como a de atoparse con ordes de embargo por impago da hipoteca da mesma entidade que lles ten secuestrados os seus propios aforros.

Todo comenzou o pasado luns ás 12h do mediodía cando unha das afectadas da plataforma, Francisca Alonso, acudiu á entidade para falar co director da sucursal preocupada pola inminente parada da arbitraxe e o anuncio da quita plantexada por Bruselas para facilitar o segundo rescate bancario con diñeiro público a entidades españolas.

As quitas de capital van dende o 30% até o 70%, mais esta quita non significa que os clientes poidan recuperar os seus aforros en metálico xa que as entidades volverian a entregar o restante en accións ou bonos.

Ante esta situación e froito da desesperación, Francisca Alonso decidiu non moverse da entidade, unha posibilidade que dende a plataforma barallaron en moitas ocasións pero que nunca a levaron a cabo por tratarse dunha medida "moi dura."

Logo da trascendecia da noticia do peche de Francisca, a plataforma decidiu secundar a protesta e organizarse para continuar a protesta e estar acompañados e arroupados en todo momento.

Veciños e empresarios da zona tamén amosaron o seu interese e apoio aportando víveres e enseres básicos aos manifestantes. "Esta situación tamén nos afecta directa ou indirectamente a todos".

Este martes, Francisca Alonso tivo que abandoar a súa protesta dado o seu delicado estado de saúde física e psicolóxica.

O reducido espazo do habitáculo do caixeiro automático só permitiu que na primeira noite durmiran na entidade bancaria tres mulleres que foron relevadas por outras dúas mulleres máis  que manteñen a súa intención de manter a  protesta de xeito indefinio

A desesperación ante a desidia do goberno e a usura das entidades que manteñen secuestrados os seus aforros está abocando a moitos deles a barallar como solución situacións desesperadas de suicidio ou de tomar a xustiza pola súa propia man.

Algúns afectados viven situacións tan kafkianas como a de atoparse con ordes de embargo por impago da hipoteca da mesma entidade que lles ten secuestrados os seus propios aforros.

A plataforma non descarta pasar o nadal Non descartamos pasar o nadal e o fin de ano na sucursal, se fixese falta.