Inscricións para a andaina polo Camiño de Santiago pola Costa

Imprimir
Tres-mochileros

Os concellos de Nigrán e de Baiona organizan, en colaboración coa empresa Serviocio, o Camiño de Santiago pola Costa. A ruta desenvolverase entre A Guarda e Santiago de Compostela en seis etapas que se realizarán os fins de semana comprendidos entre o 12 de maio e o 2 de xuño.

 

As inscricións terán un prezo reducido de 40 euros para abonados a Serviocio e os empadroados nos concellos colaboradores, mentres que para o resto dos participantes o custo será de 60 euros. Ademais, os familiares dos inscritos –fillos ou matrimonios- gozarán dun desconto do 50% no prezo da matrícula.

As inscricións poderanse realizar até o próximo 8 de maio na piscina mancomunada e outros centros deportivos xestionados por Serviocio, e inclúe o traslado en autobús a cada unha das etapas, aprovisonamiento, traslado da mochila até o punto de chegada e unha camiseta do evento como recordo.