Avelaíña convoca á “Marcha Saudable” que desenvolverá este mércores no Día Mundial da Saúde Mental.

Imprimir
marcha saudable

A Asociación Avelaíña participará do Día Mundial da Saúde Mental, organizado unha "Marcha Saudable" o vindeiro mércores 10 de outubro. A mesma sairá d'A Ramallosa ás 10 horas e percorrerá a bisbarra durante unha hora até arribar á Praza do Concello de Baiona. A esa hora lerase o manifesto "Toda unha vida para mellorar" e terá lugar un concerto de Xerock.