Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Comeza a XVIII Semana Cultural do C.C.D. Bolos da Carrasca

Comeza a XVIII Semana Cultural do C.C.D. Bolos da Carrasca

Correo-e Imprimir PDF

Este martes 9 de agosto comeza a XVIII Semana Cultural do C.C.D. Bolos da Carrasca, en Parada, organizada en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, e prolongarase ata o vindeiro venres 12. Nesta semana o C.C.D. Bolos da Carrasca ofrecerá de forma gratuíta distintas alternativas de lecer, todas elas a partir das 21.00 horas.

Programación

A XVIII Semana Cultural de Parada inaugúrase este martes 9 ás 21.00 horas coa actuación do Coro Ecos do Castelo, agrupación local da entidade organizadora. A continuación o grupo de animación Illa Letrisca ofrecerá un espectáculo a todos os asistentes. O mércores 10 actuará o grupo de gaitas Os do Bo Dente, de Nigrán, e a continuación un monólogo a cargo de Gabi, veciño deste municipio. O xoves 11 será noite de gaitas e panderteiras, coas actuacións do grupo Cores do Sobreiro, da A.VV San Martiño de Borreiro (Gondomar). Como novidade, esta edición a Semana Cultural pecha o venres coa I Festa Gastronómica de Ovos con chourizo, amenizada pola Asociación Grupo de Charanga Airiños do Tamuxe, de Oia.