Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Percorrido polo patrimonio medieval de Tui co Sorriso de Daniel

Percorrido polo patrimonio medieval de Tui co Sorriso de Daniel

Correo-e Imprimir PDF
Tui_cathedral

O vindeiro 8 de outubro o Sorriso de Daniel organiza unha visita polo patrimonio medieval da vila de Tui. O percorrido comezará ás 10,30h no Paseo de Calvo Sotelo (A Corredoira) xunto ó Palco de Música. Alí farase unha distribución nos coches para ir a San Bartolomé de Rebordáns. Logo baixo a guía de Suso Vila, licenciado en Xeografíoa e Historia, se visitará o Convento de Santo Domingo, a capela de San Telmo e o Museo Diocesano.

A partir das 14,00h haberá un xantar no restaurante O Vello Cabalo Furado: Empezará cunhas tapas de tortilla, empanada e calamares, despois un segundo de carne(xarrete) ou peixe (merluza), vino da casa, postre e café.

Despois da comida, con Marta Cendón,profesora titular do Departamento de Historia da Arte da USC, visitarase a Catedral. O prezo da comida e das entradas é de 26 euros que deberedes ingresar no seguinte número de conta: Caixa Nova 2080 0067 21 0000479185 co concepto ¨"JdRL Por terras tudenses". Os interesados deben comunicar asistencia ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ao teléfono 669650821 antes do próximo venres.