Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inscricións abertas para participar da I Xornada do Deporte e Aventura en Vilaza.

Inscricións abertas para participar da I Xornada do Deporte e Aventura en Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF
CASTELO_CULTURAL_2011

O Centro Cultural O Castelo de Vilaza prepara unha xornada lúdico-deportiva para o vindeiro sábado 8 de outubro. Jinkanas en bicicleta, torneos 4x4, espectáculos infantís, música e baile, serán algunhas das actividades dun programa que dará comezo ás 10:30 da mañá para rematar entrada a noite. Dentor dunha grande variedade de atractivos salienta a presenza de Bob Esponja que á tardiña estará xunto cos nenos que participen da actividade. “Pulpeira, callos e fabada” será a opción para retomar forzas ao mediodía, a prezos ascequibles. Pola noite, polbo e gaitas para deseguido comezar a festa coa actuación do grupo Sabor Latino.

Os interesados en participar da xornada deben comunicarse aos teléfonos 986 360 302 ou 626 042 589. Este evento complemétase con diferentes actividades que o centro cultural desenvolve cara aos veciños de Vilaza, como grupos de gimnasiade mantemento, inglés, alemán, informática, etc.