Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda As mulleres rurais de Gondomar invitan a unha andaina cara ao Monte Castelo.

As mulleres rurais de Gondomar invitan a unha andaina cara ao Monte Castelo.

Correo-e Imprimir PDF
mulleres-rurais-1-andaina

O bo tempo invita a saír, e as andainas polo monte resultan sempre agradables para a saúde e o necesario "desenchufe". Por iso, a Asociación de Mulleres Rurais San Benito prepara unha percorrida a pé dende a vila de Gondomar ata o Monte Castelo, lindeiro dos municipios de Gondomar e Nigrán. A xuntanza será o vindeiro domingo 29 de xaneiro, ás dez da mañá na praza do Concello. O convite é para todo público e sen inscrición previa.

 

As organizadoras recomendan concorrer con roupa cómoda e calzado apropiado para o monte. Non esquecer a auga para refrescar e hidratarse, así como chaleco reflectante para os traxectos pola estrada.

O grupo contará cunha guía para acompañarllos na andaina, que remontará Gondomar subindo cara Vilaza ata o monte. As boas vistas panorámicas e o atractivo paisaxístico están asegurados. Se chove, o percorrido suspéndese ata novo aviso.