Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Con Beatriz Manjón de pregonera e a participación de 15 comparsas e un desfile de carrozas Gondomar celebrará o seu Entroido 2012.

Con Beatriz Manjón de pregonera e a participación de 15 comparsas e un desfile de carrozas Gondomar celebrará o seu Entroido 2012.

Correo-e Imprimir PDF
01BeatrizManjnpresentadoradeASolaina4

Gondomar celebrará o seu Entroido 2012 co tradicional desfile de carrozas e comparsas na tarde deste domingo 20 de febreiro. O escenario central estará no cruce das rúas Ángel Urzáiz e Eduardo Iglesias, coa Avenida de Elduayen. Dende alí, ás 16 horas a presentadora de TVG, Beatriz Manjón fará lectura do Pregón que dará inicio á festa. Logo, dende a zona da rotonda da rúa Eduardo Iglesias (Cuartel da Garda Civl), 15 comparsas e máis as carrozas comezarán o desfile que percorrerá ao longo da rúa Eduardo Iglesias e continuará por Ángel Urzáiz ata o antigo colexio de Gondomar.

 

Cinco comparsas gondomareñas participarán do Entroido, oriúndas das parroquias de Chaín, Couso, Mañufe, Morgadáns e Vincios. Outras dez pertencentes a distintas parroquias de Vigo, Nigrán e Tomiño completarán o desfile atravesando a vila. O responsable de Cultura, concelleiro Ignacio Troncoso, informou a Valminor.info que nesta edición, o Concello de Gondomar ademais de outorgar os tradicionais premios ás mellores cinco agrupacións, destinará unha axuda ao resto das participantes, en gratitude pola súa presenza. Tamén, como é de costume, serán premiadas as mellores carrozas.

Unha vez rematado o desfile unha charanga animará a noitiña.