O vindeiro venres 6 de xullo Matamá será sede por un ano máis do festival artístico que xuntará a milleiros de seguidores da música galega. No torreiro de Matamá se darán cita unha selecta escolama de grupos nos tres escenarios montados para a ocasión: Matamáfolc, Malaherbarock e o Escenario Xuventude.
Os espectáculos desenvolveranse durante os días venres e sábado, con entrada gratuíta e contarase cunha carpa para maior comodidade. O evento está organizado pola Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá e polo Colectivo Cultural Alternativo Malaherba, contando co apoio do Concello de Vigo e xuventudevigo.org .
Programa do VI Festival Sons da Lameira.
-Venres 6 de xullo, 22 horas.
Escenairo Matáfolc.
Abóbriga, O Fiadeiro, Zurrumalla, e Os Cuchufellos.
Entre grupos intervirán: Pelepau e Sobre Rodas.
-Sábado 7 de xullo, 16:30 horas
Comezará cun torneo de brilé.
Escenario Malaherbarok: Escuela de odio, Dakidarría, Dios Kete Crew e Falperrys
Escenario Xuventude: Los Kualkiera, Atlantic Valley, Blue Jeans e Os Narvais.
Dim lights Embed Embed this video on your site