Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Dende esta noite o manto de Santa Mariña cubre a parroquia de Vincios.

Dende esta noite o manto de Santa Mariña cubre a parroquia de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
cantares-do-brion-letras-ga

-A Serra do Galiñeiro vive a súa maior festa popular organizada pola Comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios, a que encherá durante catro días de músicas e bailes ao Val Miñor.

-A parroquia que posiblemente congrega a maior cantidade de músicos e artistas do país non deixará nin un só oco sen espazos musicais durante os catro días de festa, coa participación de bandas e orquestras de tódolos estilos.

Cunha homenaxe ao piloto campión de rally Alberto Meira, e a presentación do libro parroquial das festas comezou na noitiña deste xoves 19 de xullo as celebracións de Santa Mariña, patroa de Vincios. Meira, recente gañador do Campionato Rías Baixas e veciño de Vincios foi acompañado por toda a súa escudería e varios pilotos da zona cos seus respectivos coches.

Programa das festas en Vincios

Unha variada axenda de actividades está programada pola comisión de festas que preside José Feliciano Alonso Rodríguez, cara aos veciños e visitantes que este ano terán catro días de celebracións.

Xoves 19 de xullo

21 horas: Festa do motor. Homenaxe a Alberto Meira . Actuación do Ladrillo Tabikón e Música Disco.

Venres 20 de xullo

Tarde: "Día dos nenos" Xogos, inchableis e festa da espuma.

22 horas: Actuación das charangas Vai de Baile e Va K Pinta

Dim lights Embed Embed this video on your site

Sábado 21 de xullo

Mañá: Percorrido polas rúas da parroquia da charanga Vai de Baile.

12 horas: Misa solemne na igrexa de Vincios na honra da Virxe do Carmen con procesión ata a capela acompañada coa Banda Infantil de Vincios e o Grupo de Gaitas do Centro Cultural. Unha vez rematada a procesión, concerto da Banda Infantil de Vincios, e actuacións do Grupo de Gaitas, o Grupo de Baile Tradicional Galego, e Pandereteiras do Centro Cultural de Vincios.

17 horas: Percorrido polas rúas de Vincios da charanga Va K Pinta. Verbena a cargo das orquestras Trovadores e Grupo Alaska.

Domingo 22 de xullo.

11 horas: Pasarrúas coa Agrupación Musical de Vincios.

12 horas: Misa solemne con procesión na honra de Santa Mariña e concerto da Agrupación Musical de Vincios e o Coro Tradicional Cantares do Brión.

21:30 horas: Verbena a cargo das orquestras Principal e Kamelot.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Luns 23 de xullo.

11 horas: Pasarrúas coa Banda de Música de Rubiós.

12 horas: Misa solemne en memoria dos defuntos da parroquia con procesión e concerto da Banda de Música de Rubiós.

17 horas: Grandes cucañas e verbena de peche das festas a cargo das orquestras Capitol e Grupo Aramio.

Dim lights Embed Embed this video on your site