Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Música e festivais destacan na oferta cultural e de lecer de Nigrán na fin de semana.

Música e festivais destacan na oferta cultural e de lecer de Nigrán na fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF
absolutmarbellaespetodesardinasplayaalfondo

O Salón de Actos do Concello de Nigrán albergará este sábado 21 de xullo a partir das 21.30 horas o X Festival de Habaneiras e Boleros, que nesta edición contará coa participación da Coral Orfeón de Carballiño, a Coral da Agrupación Musical do Rosal e a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán.

 

O domingo, tamén no Salón de Actos do Concello tocaralle a quenda á Asociación Cultural Breogán Val Miñor, coa celebración dun Festival Cultural XXXVI Aniversario a partir das 16.30 que se prolongará durante toda a tarde. Danza-jazz, baile galego, gaitas e percusión, bailes de salón, pandereitas, instrumental, teatro, exhibicións de Aerobic, así como a proxección dunha curtametraxe son algúns dos ingredientes que aderezarán esta xornada. Ademais do colectivo local, tamén participarán as agrupacións Tra-lo Mosteiro de Oia, ?Orballo? e As nove de alí do Rosal e o grupo de bailes de salón de Salceda de Caselas.

Sardiñada en Praia América

O sábado pola mañá, a partir das 11.00 horas, celebrarase na contorna de Monte Lourido a tradicional sardiñada de Praia América, na que se degustarán centos de quilos deste peixe azul tan de moda nos meses de verán.