Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda 2ª xornada de portas abertas no xacemento paleolítico de Arbo e conferencia no Museo ARABO.

2ª xornada de portas abertas no xacemento paleolítico de Arbo e conferencia no Museo ARABO.

Correo-e Imprimir PDF
lois edu

O xacemento arqueolóxico paleolítico d'O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo de máis de 300 mil de antigüidade, será aberto novamente ao público este sábado 28 de xullo. O equipo arqueolóxico dirixido por Eduardo Méndez (IEM) recibirá aos visitantes para dous percorridos guiados pola estación, o primeiro ás 11 horas e outro pola tarde ás 18:30 horas. Posteriormente, ás 20 horas, terá lugar unha conferencia onde se presentarán os resultados das pescudas e unha demostración da elaboración e uso das ferramentas paleolíticas, no Museo ARABO de Arbo.

 

Esta actividade, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo, pretende achegar ao público unha experiencia de contacto directo coas testemuñas deixadas por unha das primeiras especies de homínidos que habitaron a actual Galicia, probablemente correspondentes ao Homo Heildelbergensis ou Homo Neanderthal arcaicos.

Preme aquí para ver o mapa de localización do xacemento O Cabrón.