Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol

II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol

Correo-e Imprimir PDF
II Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol

O vindeiro sábado, 15 de xuño, terá lugar no Pavillón de Deportes de Panxón a 2ª edición do Torneo Dani da Rocha Prol, Torneo organizado polo Club de Xadrez Laroca, de Nigrán, e no cal se espera reunir ata un total de 200 participantes, entre eles moitos campións autonómicos e incluso algún nacional. O Torneo, ademais de ser un importante evento deportivo en Galicia, supón unha homenaxe ó pequeno Dani da Rocha Prol, amigo inesquecible para os membros do Club organizador.

O inicio do evento terá lugar a partir das 11:00 horas da mañá e rematará ás 20:00 horas, coa entrega de Trofeos e sorteo de agasallos diversos entre os participantes, na cal estarán presentes as autoridades do Concello de Nigrán, quen colabora coa organización, así como tamén o fan diversas organizacións, empresas e casas comerciais da zona do Val Miñor. Unha cita obrigada para os amantes do xadrez.

Toda a información detallada na web http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com/