Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Coloquio sobre o Síndrome de Alienación Parental (SAP) en #Gondomar.

Coloquio sobre o Síndrome de Alienación Parental (SAP) en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
maltrato adentro2

As especialistas Nuria Pereira e Rosa Fontaiña desenvolverán un coloquio sobre o Síndrome de Alienación Parental (SAP) o vindeiro venres 11 de abril ás 19 horas no Centro Neural de Gondomar. O SAP consiste en programar a un fillo para que odie a un dos seus proxenitores sen xustificación aparente
O evento, organizado pola Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" quere achegar información desta patoloxía que aínda que non figura nos manuais nin é recoñecida nos procesos xudiciais, afecta a saúde dos cativos en situación de vulnerabilidade afectiva trala separación dos seus proxenitores.

O acto contará coa presenza de Nuria Pereira, especialista en violencia no ámbito familiar e mais Rosa Fontaiña, fundadora da Rede Veciñal contra os Malos Tratos, de Vigo.
O SAP
Segundo sinalan dende Área Loura, a problemática xurde trala separación ou divorcio e a xustiza debe decidir a quen dar garda e custodia do menor ou menores. Aínda que se intenta que a decisión que se tome sexa a mellor para os menores, en ocasións xorden situacións de risco para o desenvolvemento emocional do neno que propician a aparición de alteracións psicolóxicas na infancia.
Agregan que a saúde psicolóxica do filloa de pais separados é moi vulnerable, podendo sufrir o coñecido como Síndrome de Alienación Parental ( SAP) un proceso que consiste en programar a un fillo para que odie a un dos seus proxenitores sen xustificación aparente. Preocupa que o SAP non aparece nas listas de trastornos patolóxicos de ningún manual, e por ese motivo, aínda hoxe non é recoñecido como unha síndrome ou un trastorno entre as comunidades médicas e xurídicas, existindo un importante descoñecemento desta patoloxía por parte de terapeutas, así como falta de recursos para tratar o problema de forma adecuada.