Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación do libro "Nigrán, memoria dunha guerra 1936 - 1939"

Presentación do libro "Nigrán, memoria dunha guerra 1936 - 1939"

Correo-e Imprimir PDF
Arquivo Erhard Schöller. Vigo recibe aos alzados

O historiador Juan A. González presenta hoxe a reedición do seu libro "Nigrán, memoria dunha guerra 1936 - 1939".

 A presentación terá lugar hoxe xoves ás 20h na Librería Paraísos de Papel, na Estrada pola vía 120, Local 6 en Nigrán.

 

Sinopse

O libro recolle a palabra ferida dos que perderon a Guerra de 1936, os que padeceron a furia daqueles que xuraran acatar a constitución do Goberno republicano. E recolle tamén a voz dos que, nun principio, disfrutaron da victoria acadada polas tropas sublevadas contra aquel lexítimo goberno. Todos e todas perderon aquela Guerra, as súas consecuencias de terror, miseria e silencio chegaron ata hoxe.

Pero non é este un libro de vinganzas, trátase de revisar a Historia local cunha metodoloxía científica que consiste en ceder a palabra aos que foron os protagonistas dos feitos, sen fuxir da verdade, sen agardar a que a súa desaparición física nos impida para sempre coñecer cal foi a realidade. As palabras dos dous bandos, por unha vez non enfrentados, xunto cos documentos que verifican o acontecido. Pero hai outras voces, a dos que sucumbiron, as vidas tronzadas pola iniquidade e o odio acumulado, aqueles e aquelas que non sobreviviron ao espanto e foron fusilados, paseados, atemorizados ata a morte. Non hai xustiza para eles que poida resarcir tanta desgraza. Fique ao menos o testemuño dos sobrevivintes para que non poidamos nunca esquecer a terrible vergoña de tanta traxedia."

 

ISBN: 978-84-8289-478-2
Formato: 135 x 205 mm.
Páxinas: 452.
Encadernación: Rústica con lapelas
Prezo: 15.00€