Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda #Nigrán celebra o Día do Libro coa presentación da obra “Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”

#Nigrán celebra o Día do Libro coa presentación da obra “Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”

Correo-e Imprimir PDF
escudo

-A obra do especialista Rafael Rodríguez Fernández Broullón será presentada no Salón de Actos Municipal este mércores 23 de abril ás 20 horas.

O Concello de Nigrán celebrará este mércores o Día do Libro coa presentación da obra Nigrán. Casas, pazos, heráldica e linajes, de Rafael Rodríguez Fernández Broullón, unha obra editada pola Deputación de Pontevedra que realiza ao longo de máis de 370 páxinas un detallado percorrido pola historia e o patrimonio cultural de Nigrán, e os seus veciños, desde o século XV ata hoxe.

O acto, presidido polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, contará coa presenza do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, e o autor, que ofrecerá un coloquio sobre a súa investigación.