Nova Xeira do IEM dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes na parroquia de Mañufe.

Imprimir
pazo-da-escola
Download this file (Folleto Xeira impresión.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Este xoves 17 de xullo terá lugar unha ruta dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes, no marco das Xeiras do IEM. O punto de encontro será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar, ás 17:30 horas. Coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome, visitarase antigos camiños, construcións senlleiras civís e relixiosas localizadas na parroquia de Mañufe, aínda tamén na veciña Vilariño en territorio de Nigrán. Para participar só é necesario estar no punto de encontro sinalado ás 17:30 horas, sen inscrición previa.

Dará comezo cunha visita ás Escolas Pro Val onde terá lugar unha explicación das características arquitectónicas do edificio, así como unha introdución á súa historia. O Cruceiro do Lugar do Acordo será o primeiro punto ao ingreso á parroquia de San Vicente de Mañufe, e dende alí á ponte románica sobre o Río Miñor que dá ingreso ao barrio de Moreira. A igrexa parroquial e o Pazo da Escola serán motivo de observación antes de pasar polo monumental cemiterio construído na década do 30 do século XX. A Pousa de Moldes, cuxo orixe remóntase ao século XIV rematará a visita.