Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Música e cine comparten o cartel cultural para este fin de semana en Gondomar.

Música e cine comparten o cartel cultural para este fin de semana en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A programación cultural do Concello de Gondomar continúa este fin de semana con música e cine.
O Coro Tradicional Cantares do Brión e Rubén de Lis actuarán dentro do ciclo Noites na Alameda, ás 22.30 horas. O venres 1 de agosto, o Coro Tradicional Cantares do Brión presentará o seu primeiro traballo discográfico, Arruidos, que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura de Gondomar. Pola súa banda, o cantautor e guitarrista Rubén de Lis actuará o sábado 2, presentando o seu novo disco Parábolas de Guitarra, que tamén conta coa axuda da Concellaría de Cultura.

Pecha o cartel deste fin de semana o Cinema na Coelleira que bota a andar, o domingo 3 ás 22.30 horas, coa proxección do filme de animación infantil Gru, mi villano favorito 2.