Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Actuación do grupo Voces del Más Acá hoxe en Gondomar

Actuación do grupo Voces del Más Acá hoxe en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Voces del Más Acá

Voces del Más Acá actuarán en Gondomar este fin de semana.

A agrupación xorde a comezos do ano 2009, no conservatorio profesional de música de Salamanca co obxectivo de participar nun coro dun xeito diferente ao que estaban acostumados.

 

Con dous ingredientes importantísimos: moita ilusión e moitas ganas de traballar e sendo fieles a súa idea inicial, dende entón e de xeito ininterrumpido, o octeto vocal buscou experimentar novos estilos, novas texturas e rexistros, en definitiva, novas maneiras de interpretar a música.

Como un ser vivo, o octeto foi mudando de traxe e cambiando de cor grazas ao paso de distintos membros pola agrupación. Neste momento, o octeto Voces del Más Acá está preparado para facer rock, pop, jazz, para improvisar e facer rir, para enamorar con doces melodías, para bailar con ritmos latinos... e en calquer caso, para facer da música un arte para todos cun obxectivo moi claro: disfrutar.

A cita este venres 15 ás 23.00h no Catro Camiños de Gondomar.