Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.

Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.

Correo-e Imprimir PDF
pazo-do-conde

O vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.

ESCENARIOS MUSICAIS é unha iniciativa cultural enfocada á divulgación da Música Clásica facendo que esta soe e se explique fóra das grandes salas de concerto ou dos teatros da ópera. Á súa vez, pretende levar a música a escenarios onde, pola súa importancia histórica, artística ou simplemente lúdica, consigan que ao pracer de escoitala se una o deleite e a emoción que os devanditos espazos provocan.