Os comuñeiros de Couso preparan unha noite de “rastreo” nos montes da parroquia.

Imprimir
PA173847 Large

Convidan a preparar equipos de 6 a 10 persoas para participar do tradicional xogo do rastreo que desenvolverán o vindeiro sábado 6 de setembro pola noite. A partir das 21 horas terá lugar a inscrición dos equipos na Casa Veciñal de Couso onde comezará a partida. Obrigatorio levar papel, compás, bolígrafo e lanterna para participar do xogo. Aconsellan tamén levar roupa de recambio. O prezo por persoa é de 6 euros con dereito á churrascada que terá lugar o día 13 de setembro.