Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Sábado: Festival folclórico e aniversario de Airiños da Lagoa na Praza do Concello de Baiona

Sábado: Festival folclórico e aniversario de Airiños da Lagoa na Praza do Concello de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
arinhos

Este sábado 6 de setembro, ás 22 horas, na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XVIII Festival Nacional de Folclore que organiza a Asociación Airiños da Lagoa, da parroquia de Baíña. O evento formará parte da celebración dos 18 anos da fundación da agrupación. O festival contará coa participación dos anfitrións, así como dos grupos “La Folixa” de Carreño que chega dende Asturias e “Tenada” de León. En caso de mal tempo o acto será no Auditorio Municipal de Baiona V Centenario.