Viaxar - easyJet lanza voos dende Porto ou Santiago dende 17€

Imprimir
París, un dos destinos con saída dende Porto

A compañía inglesa lanza billetes de voos internacionais a Europa máis baratos que viaxar a Coruña pola AP-9 para ir ao IKEA.

Unha viaxe de ida e volta, 2 persoas, Porto - París CDG na ponte da Constitución de decembro, por apenas 65€ por persoa.

A compañía lanzou onte unha nova campaña en Portugal e España para promocionar viaxes a destinos europeos entre setembro de este ano e maio de 2015.

Se ben a campaña está dispoñible en todos os aeroportos sobre os que opera en España, os aeroportos máis cercanos ao Val Miñor son Lavacolla e Sá Carneiro da veciña cidade lusa.

Poderán beneficiarse da campaña os primeiros 50.000 billetes que elixan calquera dos destinos europeos que a compañía fleta.

Para os interesados en viaxar dende a capital galega poderán elexir entre Londes Gatwick, Basel ou Geneva en Suiza.

Máis variedade e frecuencias dende Porto.

Pola contra os destinos dispoñibles dende o Sá Carneiro son Basel e Geneve en Suiza, Londres Gatwick en Reino Unido, Lyon, Paris CDG e Toulouse en Francia. 

Os billetes poden adquirirse dende xa dende na web da compañía. 

Para os viaxeiro que non queiran ir en coche até Porto tamén dispoñen de servizo de autobús dende Vigo.

Para a próxima temporada primaveral, a compañía ten previstos "máis de cinco mil voos e máis de 800 mil lugares dispoñíbeis para 40 destinos en toda a Europa", algo que sen dúbida vai facer incrementar a distancia competitiva que mantén o aeroporto da capital galega ou mesmo aeroporto luso có aeroporto vigués.