Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Charla debate sobre cooperación humanitaria no continente africano no Rañolas de Gondomar.

Charla debate sobre cooperación humanitaria no continente africano no Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
hambruna somalia home.jpg

Este mércores 24 ás 21:30h, terá lugar unha Charla-Debate sobre a Axuda Oficial ao desenvolvemento en África, no café-Bar "Rañolas" (Gondomar).
En primeiro lugar expoñerase o problema, aportando datos interesantes sobre o subdesarrollo en África e a influencia da axuda, para que os asistentes teñan as ferramentas necesarias para abordar o debate con datos e situacións concretas.


Trala introdución ao tema, contarase coa presenza da asociación AIDA (Asociación para a Integración e o Desenvolvemento do Africano), que expoñerá xunto á asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), os seus respectivos campos de traballo, proporcionando aos asistentes unha visión do problema africano desde a experiencia do seu traballo como actores reais de diferentes modelos de cooperación.
Para rematar, abrirase o debate aos asistentes, que ademais de preguntar, poderán expoñer a súa visión persoal sobre o problema. A actividade estará coordinada polo politólogo Josué Villar.