Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O escritor Pedro Feijoo abre a tempada do Club de Lecturas 7 Vidas na Biblioteca de Gondomar.

O escritor Pedro Feijoo abre a tempada do Club de Lecturas 7 Vidas na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pedro-feijoo

O martes 7 de outubro de 2014, ás 20.00 horas, volven as sesións mensuais do Club de Lectura Sete Vidas que se celebran na Biblioteca de Gondomar, organizadas por Espazo Lectura. O libro sobre o que se vai falar e debater é a novela A memoria da choiva (Xerais ,2013), do escritor afincado na parroquia de Peitieiros, Pedro Feijoo. Trátase da segunda novela do autor, quen, tras o éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

Contarase coa presenza do autor

Esta sesión completarase coa presenza de Pedro Feijoo que, a partir das 21:00 h, se unirá á conversa coas persoas que queiran asistir á Biblioteca.

Visita guiada á Casa Museo de Rosalía de Castro

Como non chega con ler o libro, e tendo a novela como “protagonista” a escritora Rosalía de Castro, completarase esta experiencia lectora cunha visita guiada á Casa da Matanza, en Padrón, o sábado día 11. Na visita tamén estará Pedro Feijoo xunto co presidente da Fundación Rosalía de Castro, o profesor Anxo Angueira.