Cantares do Brión participará do X Ciclo de Coros Históricos en A Coruña.

Imprimir
cantares-cuvi

O coro tradicional CANTARES DO BRIÓN, con sede no Centro Cultural de Vincios, estará o domingo, 16 de novembro, na Coruña, na sesión de peche do X Ciclo de Coros Históricos, invitados por Cántigas da Terra, o coro organizador destes ciclos anuais.O evento terá lugar, a partir das 19:00 horas, no Teatro Rosalía de Castro.


Cantares do Brión interpretará un repertorio a base de pezas da tradición popular, outras de composición de autor (José Castro "Chané") e outras de nova composición; a maior parte delas están no disco "Arruídos" que Cantares do Brión publicou en maio deste ano, conseguindo unha importante difusión en prensa e comercial.