Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inscricións abertas para unha xornada micolóxica en Chandebrito

Inscricións abertas para unha xornada micolóxica en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
Cogomelos do monte Iroite

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", coa colaboración da Agrupación Micolóxica "Brincabois", celebrará o vindeiro domingo dia 23 de novembro durante todo o día a cuarta edición das xornadas de micoloxía de Chan de Brito, na que o membro da citada agrupación e da Federación Galega, Jose Luis Tomé Ortega, introducirá no mundo dos cogomelos ás persoas participantes.


Para iso, entregarase información a cada un destes, que partirán arredor das 10:30 h. do local social desta Asociación, na escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa, 2), polos montes dos Cruceiros, A Lapela e Regamán, entre as parroquias de Chandebrito, Vincios e Valadares, para a recollida de cogomelos.
A xornada continuará ás 16.00 h. cunha exposición do material seleccionado, ademais dunha charla ás 18.30 na que o experto falará das características de cada un deles e do aspecto gastronómico, para a continuación rematar co preparado, cociñado e degustación de varias especies diferentes.
Para maior información e/ou inscricións poden chamar ao teléfono núm. 667380223 ou escribir ao correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Tamén poden consultar a información na páxina web www.chandebrito1807.blogspot.com .