Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Magosto en Peitieiros

Magosto en Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF
magosto-donas

O domingo día 16 a partir das 16:30 h o Centro Cultural de Peitieiros organiza o MAGOSTO.
Os actos comezarán con xogos populares para grandes e pequenos. O pateiro, os tres pés, pes quietos, trompos, bolas, etc. Entre todos lembrán aqueles divertimentos que de seguro aos máis pequenos lles encantará e aos maiores faralles ilusión revivir.


A partir das 17:30 as castañas asadas faranse protagonistas da festa, pois mentres se desenvolven as actividades de xogos, os cociñeiros daranlle voltas ao tambor sobre o lume da lareira do adro. Esta vianda estará acompañada dunha degustación de cogumelos que as veciñas e veciños recollerán o día anterior nos montes da contorna.
A festa estará amenizada polo grupo de gaitas do CCR Ecos e Agarimos