Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado a obra de teatro “As do peixe”.

O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado a obra de teatro “As do peixe”.

Correo-e Imprimir PDF
51d6ee6617aec-asdopeixe

O auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 20 de decembro a obra "As do peixe" unha visión sobre o mundo das mulleres galegas nas fábricas conserveiras. Escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, esta obra foi premiada na XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares. O elenco de actrices fórmao Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.


"As do peixe" recrea a vida de catro mulleres que se reúnen periodicamente para rememorar a súa vida laboral na antiga fábrica de conservas do pobo. A obra comezará ás 22 horas e a entrada poderase adquirir en taquilla a un prezo único de 3,50 euros.
Domingo
O domingo día 21 de decembro ás 22 horas terá lugar a obra cómica "Doutor de Cabeceira" co fin de recadar alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio.