Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cincuenta veciños de Mañufe poñerán en escena a zarzuela “La Gran Vía” para despedir o 2014.

Cincuenta veciños de Mañufe poñerán en escena a zarzuela “La Gran Vía” para despedir o 2014.

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

Tras tres meses de ensaios semanais, cultivando as gorxas e aprendendo os segredos das táboas medio centenar de veciños da parroquia de Mañufe levarán a escena a zarzuela “La Gran Vía”. Unha revista autoría de Federico Chueca e Joaquín Valverde con libreto de Felipe Pérez y González escrita con motivo da pegada da construción da gran estrada madrileña a finais do século XIX. O espectáculo, de entrada libre, dará comezo ás 21 horas no teatro do Centro Cultural de San Vicente de Mañufe.

A iniciativa xurde do grupo Xente daquí e dacolá, colectivo da parroquia que dende o 2009 desenvolve actividades escénicas e que no pasado outubro fixo a súa presentación oficial na primeira mostra de teatro local Levanta o telón, coas obras "O asasino anda solto" e "El oculista de la vista". Totalmente autoxestionados, presentarán un vestiario  e escenografía de época por eles procurado.

Con esta función péchase un ano de abondosa actividade do Centro Cultural San Vicente de Mañufe que tivo a ben achegar ducias de obradoiros, cursos e actividades de lecer na parroquia. Actividade que continuará xa no 2015 cunha xornada de Reis o domingo 4 de xaneiro a partir das 18:30 horas. Para ese día anúnciase a actuación do grupo folclórico Fíbulas, a representación da obra infantil “O paraíso dos animais” a cargo do grupo infantil de Xente daquí e dacolá para finalizar co recibimento dos Reis Magos no centro cultural.