Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Música, maxia, monicreques e teatro no outono gondomareño.

Música, maxia, monicreques e teatro no outono gondomareño.

Correo-e Imprimir PDF
concelleria-cultura-gondomar

Unha variada carteleira de música e teatro chega a las parroquias de Gondomar a través de dous ciclos: "Música nas parroquias 2010" e “Mostra de Teatro e Maxia de Outono". Os espectáculos para este fin de semana comezan o día sábado 6 ás 19:30 horas cun concerto da Escola Infantil de Música de Vincios no Centro Cultural de Donas, a entrada é de balde. Logo, ás 22:00 horas, no Auditorio Luis Tobío de Gondomar, preséntase a obra "Nunca Menos!", da compañía viguesa Fulano, Mengano e Citano, un percorrido en clave de humor ácido a través da historia de Galicia.. O prezo das entradas é de 3,5 euros, e a venda comeza unha hora antes.

O programa do Auditorio Luis Tobío, inclúe once espectáculos: teatro para adultos, maxia e monicreques que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro. En canto ao ciclo musical, a banda Infantil de Vincios e o grupo Big Band, percorrerán as parroquias do municipio tódolos fines de semana.

Carteleira

Teatro para adultos

O vindeiro sábado, o día 13, actuará o grupo Expresións, coa obra de teatro “Toda unha vida”, unha comedia tenra e íntima que sorprenderá ao espectador pola súa mestura de comicidade e emoción. O venres 19 chega un dos pratos fortes da programación, o monólogo de Carlos Blanco sobre o Camiño de Santiago, baixo o nome de “Só”. A programación de teatro complétase con “Kamouraska”, a proposta de Inversa Teatro para o 4 de decembro.

Maxia e nenos

Xa o sábado 20 de novembro dará comezo a segunda edición do ciclo de maxia de Gondomar co espectáculo “Trío de Ases”, onde tres ilusionistas ofrecerán un espectáculo de maxia tradicional. Recollerán a testemuña o Mago Xacobe (27 de novembro) con “Ilusións máxicas” e Cayetano Lledó (11 de decembro) co seu espectacular “Máxico Circus Cabaret.”

A programación de Nadal arrancará o 18 de decembro, co Mago Chrystian e o seu especial “A Maxia do Nadal”, un gran espectáculo de ilusionismo deseñado especialmente para as festas. Por último, xa durante as vacacións escolares, o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá varias funciones teatrais para os máis pequenos. Serán os días 27, 28 e 29 de decembro, coas representacións de “Lume” de Babaluva Teatro, “Osofete” de Titiritempo e “Estamos monstros de risa”, de Tanxarina, respectivamente. Estas actuacións serán ás 18.00 horas.

Música

Recital do grupo Big Band no Centro Cultural de Mañufe ás 13 horas.

Os ciclos están organizados pola Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, e conta para a mostra de teatro coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic).