Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Cándido Pazó interpretará “Memorias dun neno labrego” na Mostra de Teatro de maio en Gondomar.

Cándido Pazó interpretará “Memorias dun neno labrego” na Mostra de Teatro de maio en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Memoria-das-Memorias-dun-neno-labrego

A programación de teatro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar correspondente ao primeiro semestre do ano finalizará no mes de maio coas actuacións de Cándido Pazó e Malasombra no relativo a obras para adultos, e Ghazafelhos e Caramuxo Teatro en canto a teatro infantil.

O actor vigués Cándido pazó será un dos grandes protagonistas da mostra, coa súa versión da obra de Xosé Neira Vilas “Memorias dun Neno Labrego. En “Memorias das memorias dun neno labrego”, unha producción de Abrapalabra Creacións Escénicas, Pazó homenaxea ao clásico da literatura galega no 50 aniversario da súa publicación. A medio camiño entre o conto e o teatro, Cándido Pazó propón un espectáculo divertido e emotivo que conta cunha posta en escena de gran atractivo visual. A representación de “Memorias das memorias...”, obra dirixida a tódolos públicos, será o venres 6 de maio, ás 22.00 horas.

O sábado 7 terá lugar a representación da obra infantil “Frankenstein” de Ghazafelhos. Parodiando ao clásico da literatura de terror e os clixés do xénero, a compañía galega propón unha divertida comedia sobre como podemos transformar as diferencias individuais que nos fan sentir mal en algo positivo que nos converten en persoas únicas. A función será ás 18.00 horas.

Dirixida á xente nova e tamén amantes do humor irreverente, “Go On!” é unha “comedia cósmica no espacio galaico”. A obra de Malasombra conta as aventuras de dous intrépidos astronautas que “tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea”. Será o venres 13 de maio, ás 22.00 horas.

Por último, o sábado 14 ás 18.00 horas, a compañía infantil Caramuxo Teatro presentará “Mensaxe sen botella”. Trátase dun espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben diferentes que terán que buscar un punto común para entenderse. Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente.

O prezo das entradas é de 3.5 euros no caso das obras para adultos e 2.5 no das infantís. A Mostra de Teatro de Maio organízase en colaboración coa Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais.