Mércores, 16 Apr. 2014

Actualizado06:18:14 PM GMT

Estás en Canais Cultura No Val Miñor "unha flor e un libro para Rosalía".

No Val Miñor "unha flor e un libro para Rosalía".

Correo-e Imprimir PDF
Rosalia-libro-flor

Este venres cumprirase 175 anos do nacemento da Nai do Rexurdimento literario galego. Obsequiar flores e libros en lingua galega é a proposta que dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para homenaxear a Rosalía de Castro. No Val Miñor a libraría Libraida de Gondomar e o Mercado Tía Ni de Sabarís preparan actividades culturais relacionadas coa convocatoria.

 

O colectivo de escritores ademais convida a centros de ensino e concellos a participar do Día de Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da escritora. O Día de Rosalía de Castro está recoñecido oficialmente pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Sabarís

No Mercado Tía Ni Irene Silva será a anfitrioa da xuntanza que terá lugar a partir das 19 ata as 21 horas. O público poderá escoitar e en caso de animarse, recitar os versos da poetiza. Entre os asistentes o Mercado agasallará cun libro de autor galego.

Gondomar

Na libraría Libraida estará presente o escritor Emilio Alonso quen presentará a súa última obra Vigo a 80 revolucións por minuto (Xerais, 2011), a partir das 20.30 horas. O acto estará a cargo de Xosé Manuel Moo (Noli), da Editorial Xerais e membro da Asociación Espazo Lectura e do Coro Tradicional Cantares do Brión.