Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Contos Estraños", a Galiza fantástica do século XXI, creada por un par de "mentes enfermas e retorcidas".

"Contos Estraños", a Galiza fantástica do século XXI, creada por un par de "mentes enfermas e retorcidas".

Correo-e Imprimir PDF
debuxo-jose-angel-lares

 

"Que acontece co fantástico e o grotesco, co terror e a anticipación, co abraiante e o estarrecedor?" A literatura galega "está a mudar", afirman Fernando Cimadevila e Tomás González, dous novos editores convencidos de que os xéneros emerxentes deben medrar para que a oferta editorial do país non perda poder de sedución ante os lectores. Para iso crearon Contos Estraños, unha editorial que ten por primeira obra un libro de igual título onde unha ducia de escritores dos mal chamados "xéneros menores", aportaron contos, dous esbozos de novela e unha tradución ao galego dun escritor clásico da literatura pulp, Robert Herwin Howard.

Contos Estraños é "unha declaración de intencións", a desenvolver por obra "dun par de mentes enfermas e retorcidas", en termos dos seus creadores. Nembargante, unha primeira ollada ao volume cero da serie(Contos Estraños. Steam pulp da Galiza. Volume 0 "Amañeceres Estraños", CE,2011) revela que esa declaración de intencións é un verdadeiro compromiso editorial cun espazo da tradición narrativa galega, que seguía a sobrevivir máis pola tradición oral que pola súa recreación escrita.

Por iso, Cimadevila e González pregúntanse no limiar de Contos Estraños "Onde foron os contos de aparecidos, de trasnos, de mouros e de meigas que enchen a nosa tradición oral?" Responden cos relatos de Xosé Duncan (O ollo do corvo), Manuel Ángel Gayoso (A morte branca), David Botana (O Tarzán da Mella), Santiago Bergantinhos (O home e a súa lágrima), Manuel González (O último minuto), Fernando Pérez (A ardua vida do non morto), Roberto A. Rodríguez (As penas de Leopoldo Quintás), Manuel Castiñeiras (Erro 404); dous novelas "por entregas" como Primeiros (1º Parte), de Fabian Plaza e Dark (1ª Parte), de Ernesto Diéguez; e rematando cunha tradución de Tomás González do conto de R.E. Howard, Deuses do Norte.

Como valor agregado, o deseño dos textos están acompañados por fotografías de Enric Martínez, e ilustracións de José M. Picón (capa), José Ángel Ares e Fernando Bravo (interior).

Tanto o libro como a editorial foron presentados por Cimadevilla e González na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o pasado xoves 19 de abril, por certo, nunha tardiña de choiva e ceo pechado ideal para un faladoiro sobre a literatura do fantástico e misterioso. Seguramente por mor diso, os clásicos 40 minutos que levan este tipo de presentacións remataron en máis dunha hora de conversa co público asistente. Nese intercambio tamén abordouse a actualidade editorial en Galicia, as achegas e desafíos que presentan as novas tecnoloxías así como a súa pegada no futuro literario do país. Reflexións e debates que quedaron rexistradas no vídeo que acompaña esta nota.

Dim lights Embed Embed this video on your site