Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura portAmerica, Nigrán prepárase para ter o seu propio "festival de Woodstock"

portAmerica, Nigrán prepárase para ter o seu propio "festival de Woodstock"

Correo-e Imprimir PDF
portAmerica Festival de Musica Internacional en Nigrán

O parque empresarial de Porto do Molle será o esceario de portAmérica, o festival de música e arte que conectará América e Europa.

portAmérica, o nome elexido para o festival, estará en mans da exitosa productora de eventos viguesa esmerArte, quenes prometen un bo cartel de artistas americanos e europeos.

A noticia saltou o pasado venres no Twitter de valminorinfo que fai seguimento a todo o que acontece nesta rede social sobre o Val Miñor. O HT de #Nigran amosaba a noticia dende a propia conta do festival en Twitter. E xa comezan a circular na rede as "quinielas" para o cartel que conformará o espectáculo onde xa se apuntan nomes como Vetusta Morla, Xoel López ou Eladio y Los Seres Queridos.

Según esmerArte, portAmérica parte da música como elemento de conexión entre territorios e combina tres activos, como son a cultura, o lecer e a innovación. Os ingredientes para conformar este evento son a combinación dun cartel de artistas americanos e europeos de primeiro nivel, unha experiencia única de turismo alternativo e un espazo de colaboración global aberto a todo o que desexe participar achegando ideas para o futuro de Europa e América. "portAmérica naceu da necesidade que actualmente ten a sociedade de atopar solucións prácticas e eficaces. A poboación de Europa e América e o seu tecido empresarial reclaman novos modelos, novas fórmulas produtivas. Isto fai urxente aproveitar todo o talento que existe en ambos os continentes para ofrecer alternativas que garantan un futuro sustentable aos dous lados do Atlántico."

Varias empresas galegas, encabezadas pola firma viguesa de promoción artística e xestión cultural, Esmerarte, decidiron dar o primeiro paso neste sentido, organizando portAmérica, un festival de música diferente cuxa primeira edición será o punto de partida para xerar sinerxías e proxectos comúns a ambos os dous lados do Atlántico.

Cultura ao servizo da sociedade.

PortAmérica non conta nestes momentos con ningún tipo de aportación económica por parte da adminsitración pública como Concello de Nigrán ou Xunta de Galicia ni ningún outro organismo público. A achega económica é única e exclusivamente de empresas privadas que agardan recuperar a inversión participando nas actividades que terán lugar no propio festival, dende comerciantes, restauradores, hostaleiros, e o resto do sector servizos de Nigrán. 

O festival terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo no parque empresarial de Nigrán: Porto do Molle en Nigrán onde se habilitará unha zona de acampada no propio recinto do festival.

Dende hoxe luns 28 de maio, cada día da semana, a organización do evento anunciará aos diferentes grupos que integran o cartel do festival e o 1 de xuño, poranse as entradas á venda directamente a través da páxina web oficial de portAmérica: www.portamerica.es

O festival xa conta con páxina en Facebook  e en Twitter  (@portAmerica) onde se poderán seguir todas estas actualizacións e novidades.