Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Gondomar, un museo do conto". Chega a V Noite na Biblioteca organizada por Espazo Lectura.

"Gondomar, un museo do conto". Chega a V Noite na Biblioteca organizada por Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF
noite-na-biblioteca

Esta próxima fin de semana, 2 e 3 de xuño, terá lugar en Gondomar a V Noite na Biblioteca, organizada por Espazo Lectura coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. Este ano serán 35 nenos e nenas os que teñan a oportunidade de durmir na Biblioteca Municipal e participar en diferentes actividades de fomento da lectura. A Noite na Biblioteca, actividade pioneira en Galicia que se celebrou por primeira vez en Gondomar no ano 2008, chega así á súa 5ª edición.

 

Coma en edicións anteriores, a programación comeza o sábado 2 de xuño ás 19:00h na Praza de Portugal, diante do Centro de Saúde. Esta primeira parte, aberta a nenos e nenas de todas as idades e as súas familias, inclúe as seguintes actividades:

- 19:00h. Gondomar, un museo do conto. Escenificación da inauguración dun Museo do Conto ao aire libre.

- 20:30h. Burromaquia, contacontos a cargo de Inacio Vilariño, da compañía Fantoches Baj, que desenvolverá unha sesión na que se inclúen contos, adiviñas, poemas, cancións, lengalengas...

A segunda parte da programación, dirixida só aos 35 nenos e nenas inscritos na V Noite na Biblioteca, comeza a partir das 22:00h do sábado 2 de xuño e continúa até as 10:00h da mañá do domingo 3 de xuño e conta con actividades como o recital Maldita poesía! ou a función de Ollofábulas da man da contadora Charo Pita e o ilustrador Óscar Villán.