Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Ábrese a 6º edición do Certame Fotográfico Viaxando para mozas e mozos de 12 a 35 anos.

Ábrese a 6º edición do Certame Fotográfico Viaxando para mozas e mozos de 12 a 35 anos.

Correo-e Imprimir PDF
joven-con-camara

Vén de abrirse o prazo para participar na 6º edición do Certame Fotográfico "Viaxando", organizado polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos de Gondomar, Tui, Salceda de Caselas, A Guarda, Tomiño, O Rosal, Nigrán, Baiona e O Porriño. Os participantes poderán presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita, cunha temática que responda ao título do certame, Viaxando.

 

As fotografías a concurso deberán presentarse en sobre pechado nas instalacións de calquera das entidades organizadoras antes do 28 de setembro de 2012. O fallo do xurado farase público o 11 de outubro de 2012. Todas as fotografías presentadas formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá posteriormente os municipios organizadores.

Bases do Concurso:

-Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.

-A temática responderá ao título do Certame "VIAXANDO".

-As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20×24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.

-Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.

-A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.

-As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras antes do 28 de setembro de 2012

-A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador.

-O xurado poderá declarar deserto o premio.

.