Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A construción das novas sociedades rurais galegas centra o novo curso da UIMP en Gondomar.

A construción das novas sociedades rurais galegas centra o novo curso da UIMP en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
CARTAZ UIMP_IEM

" Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas" leva por título o curso de verán que a Universidade Internacional Menéndez Pelaya desenvolverá en Gondomar entre o 6 ao 8 de setembro. Co apoio das universidades d'A Coruña, Vigo e Santiago, o curso brindará créditos extra aos estudantes que participen. A organización do curso e as inscricións están a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, que albergará o mesmo na súa sede a Aula de Cultura Ponte de Rosas.

 

As inscricións están abertas e debe solicitarse prazas no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O curso é aberto a todo público. As palestras do curso contarán cos mellores especialistas na materia, que brindarán unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, ... Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida e, en definitiva, como van mudando os seus valores, dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas. Ademais haberá visitas guiadas a lugares de interese relacionados coa temática a desenvolver

O prezo da matricula xestionada a través do IEM será de 65 euros, polo que os interesados/as en asistir podedes reservar praza dende este momento nos correos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ,/ Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , no tfno. 986 360 575 ou no 680 644 490 enviando os seguintes datos:

Nome e apelidos, DNI, Enderezo postal, E-mail, Teléfono de contacto, Estudos.

Para estudantes, a US Compostela e a de Vigo conceden 1 crédito, mentres que a U. da Coruña recoñece 2 créditos. A UIMP recoñece un total de 20 horas. As persoas que teñan interese en participar deberán facer a reserva o antes posible pois o número de prazas é limitado.