Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Máis de 50 artesáns de toda Galicia daranse cita en Gondomar na II Feira Demostrativa de Oficios Artesáns

Máis de 50 artesáns de toda Galicia daranse cita en Gondomar na II Feira Demostrativa de Oficios Artesáns

Correo-e Imprimir PDF
artesans

-Terá lugar os días 5 e 6 de abril nunha carpa instalada na rúa Ángel Urzáiz
- De todas as mostras organizadas con motivo dos Días Europeos da Artesanía, esta será a máis grande de toda Galicia
Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2014, a asociación "Mestura de Artesáns do Val Miñor" en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica de Gondomar organizan a II Feira Demostrativa de Oficios Artesáns para os días 5 e 6 de abril. O evento desenvolverase nunha carpa instalada ao seu efecto na rúa Ángel Urzáiz.

A presentación e inauguración será o sábado ás 12:30 horas e correrá a cargo do escritor, catedrático da Universidade de Vigo e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, Gonzalo Navaza. O evento conta tamén co apoio do escritor Pedro Feijoo e arqueólogo e subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar, experto en petróglifos. Ademais haberá exposicións, charlas e conferencias na Casa da Cultura da man de Pepe Pereira, mestre de coiro na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) o sábado ás 17:45 horas e Carliños Cesteiro, mestre artesán de cestería, o sábado ás 19:00 horas.
O sábado pola tarde haberá con un contacontos artesán para facer as delicias dos máis pequenos.
O público asistente poderá participar de forma activa nas demostracións en vivo dos oficios que levarán a cabo os artesáns. Haberá demostracións de xoiaría, coiro, encaixe de bolillos, tala de madeira e Rakú Obvara, técnica recuperada por un ceramista portugués Xosé Ramos, a cal é orixinaria de Bielorrusia. E, por suposto, tamén estarán presentes todos os artesáns tradicionais de olería de toda Galicia.
De todas as mostras organizadas con motivo dos Días Europeos da Artesanía, esta será a máis grande de toda comunidade, xa que durante estes dous días Gondomar acollerá a máis de 50 artesáns de toda Galicia.