Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A produtora do filme “A praia dos afogados” selecciona extras para o rodaxe en #Nigrán.

A produtora do filme “A praia dos afogados” selecciona extras para o rodaxe en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
a-praia-dos-afogados

O Salón de Plenos municipal acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a selección de extras da película A praia dos afogados, cuxo rodaxe en Nigrán desenvolverase a partir do próximo 5 de maio, e durante seis semanas. A selección comezará ás 10.00 horas e prolongarase ata as 20.30 horas, cun parón dunha hora e media para comer, entre as 14.00 e as 15.30 horas.
A produtora busca persoas de todas as idades, principalmente maiores de 16 anos, que teñan ganas de pasar un ou varios días participando nun rodaxe. Para perfís específicos necesítanse homes e mulleres relacionados co mundo do mar, como mariñeiros, redeiras, etc, e mozas de entre 16 e 30 anos xogadoras de vóley. Ademais, para o rodaxe de diversas secuencias multitudinarias precisaranse un gran número de persoas de entre 16 a 80 anos.

Sinalan que o proceso de selección será moi sinxelo. Os participantes terán que presentarse no Salón de Plenos municipal no día e os horarios indicados. Alí, facilitaráselles unha ficha para que cubran os seus datos persoais e sacaráselles unha fotografía. Para a localización dalgún perfil específico, preguntarase aos participantes achega das súas habilidades, afeccións, puntos fortes, etc.
Para calquera aclaración ou ampliar a información pódese chamar ao teléfono 637 444 516.