Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura TERTULIA do IEM co empresario Rubén Brión

TERTULIA do IEM co empresario Rubén Brión

Correo-e Imprimir PDF
rubén brión

Este venres 11 de abril ás 20:30 horas, o empresario Rubén Brión, director do complexo hostaleiro "Benboa", será a convidada dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, Brión compartirá a súa experiencia ao fronte deste proxecto que de forma pioneira combina os conceptos de cetaria, restaurante e mercado. A presentación do faladoiro estará a cargo do botánico Xosé Ramón García (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Benboa é un proxecto hostaleiro inaugurado no outono de 2012 sobre unha antiga planta de salgadura do ano 1900 localizada no porto ribeirense de Corrubedo. O proxecto foi promovido por Rubén Brión, Carlos Brión e Paco Teira.
O complexo está distribuído nunha planta baixa e un soto, cunha superficie total de máis de mil metros cadrados. O investimento superou os 1,7 millóns de euros e trátase dun proxecto do Grupo de Acción Costeira número cinco, financiado con fondos FEP da UE.
Na planta baixa hai un posto de venda de peixes e mariscos nos que os cliente poden comprar o produto para levarllo a casa ou pedir que llo cociñen para degustalo na taberna ou no restaurante que hai no mesmo espazo. Tamén nesta zona hai un posto de venda de todo tipo de produtos galegos de calidade, incluíndo unha viñoteca.