Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Últimos días para presentar traballos á XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

Últimos días para presentar traballos á XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
casa-concello-gondomar

Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos. Os traballos deberán ser remitidos antes deste mércores, 23 de abril no Rexistro do Concello de Gondomar.

Nesta XII edición, establécense dúas modalidades, Poesía e Relato Curto. Os participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse á seguinte dirección: Oficinas Concello de Gondomar (Rexistro), Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar. Tamén se poderán entregar directamente no Rexistro do Concello.
Concederanse dous premios por cada nivel, un por poesía e outro por relato curto:
• Nivel1: terceiro ciclo de educación primaria. Dous premios por valor de 150 euros.
• Nivel 2: 1º, 2º, e 3º da ESO Dous premios por valor de 200 euros.
• Nivel 3: 4º da ESO e Bacharelato. Dous premios por valor de 300 euros.
• Un premio por valor de 250 euros para o centro con maior participación e calidade.
Ademais o xurado poderá facer entrega dos accésits que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo ex aequo entre dous autores.