Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os escolares do Val Miñor celebrarán o Día do Libro cunha xornada de música e contacontos en #Gondomar.

Os escolares do Val Miñor celebrarán o Día do Libro cunha xornada de música e contacontos en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
espazo-lectura

A Semana do Libro e a Lectura 2014 comezará este mércores, 23 de abril, Día do Libro, coa representación da obra Rosalía Pequeniña a cargo da cantante Uxía e mais unha sesión de contacontos  co equipo de voluntarios da Asociación Espazo Lectura. Máis de 350 escolares dos colexios do Val Miñor participarán en ambas as dúas actividades e compartirán un xantar de convivencia no Parque da Coelleira de Gondomar. Finalmente ás 18 horas terá lugar o espectáculo Para cantar e bailar baseado no libro-disco de Luís Prego.

Música, contacontos e unha xornada de convivencia no Parque da Coelleria.

A cantante Uxía presentará en dúas funcións o seu espectáculo musical Rosalía Pequeniña. Divididos en dous grupos, os escolares participarán do espectáculo ás 10:30h e ás 14:15h. No mesmo horario, o equipo de animadores da Asociación Espazo Lectura celebrará sesións de contacontos na Biblioteca Municipal de Gondomar. Entre ambas funcións, terá lugar un encontro de convivencia de todos os cativos no Parque da Coelleira. “Queremos que a celebración tamén sexa unha instancia de encontro e intercambio entre as nenas e nenos da bisbarra” salientou a profesora Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, entidade organizadora destes eventos da Semana do Libro en Gondomar.

Espectáculo musical para todo público na Casa da Lectura en Donas.

Pola tarde terá lugar unha sesión aberta a todo público de dinamización lectora na Casa da Lectura de Donas, a cargo do músico Luís Prego, autor do libro Para cantar e bailar.

A semana do Libro e a Lectura en Gondomar

Con estas actividades de conmemoración do Día do Libro, da así comezo a Semana do Libro e a Lectura en Gondomar que continuará con diversas actividades ata o 29 de abril. Con esta será a sétima edición  deste evento que organiza a Asociación Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar.

Calendario de actividades da Semana do Libro e a Lectura.

Mércores 23 ás 18:00h

(Casa da Lectura, Donas)

Sesión especial: Luís Prego

Espectáculo: Para cantar e bailar

Venres 25 entre as 20:00 e as 10:30h

(Tapería Rural Ardora, Mañufe-Gondomar)

VII Dar de ler coma quen dá de beber

Sesión de lecturas compartidas en voz alta

Sábado 26 ás 12:00h

(Biblioteca Municipal Gondomar)

Club de lectura compartida Lendo contigo

Lectura proposta: Xango

Coa presenza do autor, Diego Rey

Sábado 26 ás 17:30h

(Auditorio Municipal Lois Tobío)

Representación teatral: Xango

Compañía: Talía Teatro. Entrada: 2,5€

Sábado 26 ás 20:30h

(Casa da Lectura, Donas)

Comando Le

Sesión especial: María Lado

e Lucía Aldao

Espectáculo poético-musical: MOITA POESÍA, POUCA DIVERSIÓN

Domingo 27 ás 12:00h

(Biblioteca Municipal de Gondomar)

Contos en cueiros (bebés 0 a 3 anos. Inscrición previa a partir do luns 21)

Sesión especial: Teatro da Semente

Espectáculo: Chíos

Luns 28 ás 18:00h

(Biblioteca Municipal Gondomar)

Contomar

Sesión especial: Charo Pita

Espectáculo: Baixo a sombra

Martes 29 ás 20:00h

(Biblioteca Municipal Gondomar)

Club Lecturas debuxadas

Cómic proposto: Operario

Coa presenza do autor, Jano