Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura “Do mar e outras lendas galegas”, mostra fotográfica de Juan Chamorro na sede do IEM.

“Do mar e outras lendas galegas”, mostra fotográfica de Juan Chamorro na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
chamorro

Cando o pintor austríaco Eugene von Guerard achegaba ao espectador paisaxes que eran auténticas "postais a cor" da época, salvábanse así as limitacións propias dunha tecnoloxía, a fotografía, que lidaba aínda os seus primeiros pasos entre o fotogravado e o daquerrotipo en branco e negro.

As fotografías de Juan Chamorro (Panxón) que acolle a Aula de Cultura Ponte de Rosas, evocan eses óleos do Romanticismo do XIX con ceos de algodón, pero capturados cos "pincéis" do século XXI. Vinte e oito fotografías que teñen que ser vistas ao detalle, para apreciar a riqueza das texturas; e dende lonxe, para marabillarse co espectáculo de luz e cores que envolven as súas paisaxes. Unha fotografía que desprende un certo desapego dos artificios dixitais e mesmo consegue envocar auténticos "óleos" pero da presente época.
Visitas: Luns a venres de 19 a 21 horas
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM). Avenida da Feira Nº 10 baixo. Gondomar
Data: Ata o 9 de maio de 2014