Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Estrea de CATARSIS a web serie adolescente feita por actores de Vigo e o Val Miñor.

Estrea de CATARSIS a web serie adolescente feita por actores de Vigo e o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
RETOQUEDSC043411
dave
sheila
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

-VM.info  preséntache en exclusiva o primeiro capítulo de CATARSIS.

Co nome CATARSIS estréase a segunda tempada da serie web LITOST nada en 2013 coa particularidade de ser escrita e dirixida por adolescentes. O proxecto conta con medio centenar de novos actores a maioría de Vigo e do Val Miñor, que roldan entre os 16 e 22 anos. LITOST cambiou de nome a CATARSIS porque cada tempada é unha etapa diferente, na primeira tempada, coñecemos a Ana e os seus amigos, un grupo de mozos vigueses que coñecen a Adry (Dave Conde), un mozo novo na cidade que chega de Gondomar. Todo o mundo fala de que por culpa del, Sheila (Paula Simoniak) Intentouse suicidar baixo os efectos das drogas. Como a vida mesma, LITOST mostraba aos seus personaxes en circunstancias graciosas e conversacións entre o reflexo do que poden ser os adolescentes de hoxe en día. En LITOST tamén se mostra o bullyng no instituto, a homosexualidade, o coqueteo coas drogas e o que supón un embarazo con tan só dezaseis anos.

VM.info falou co seu creador e director, Dave Conde (Couso - Gondomar, 21), estudante de teatro e escritor. Cóntanos Dave que a idea da serie naceu do libro Quiero ser tu amigo, una obra que escribiu e autopublicou el mesmo. A primeira tempada rodouse en Vigo entre xullo e setembro de 2013 e contou con 7 capítulos que acadaron 17 mil descargas ata de agora.

A nova tempada contará con 14 capítulos (xuño 2014 a xuño de 2015) e engadirá escenarios no Val Miñor, especialmente en Gondomar, onde viven algúns dos principais protagonistas na historia:  Adry (Dave Conde), Carlota (Caterna Vázquez, Donas) e máis Duna (Anaïs Cuña, Donas).

“A idea veu a raíz de pasar o tempo, de facer algo diferente e de cumprilo nun soño”, sinala Dave. Engade que en principio, LITOST, non contaba con ningún recurso económico. “Todo está feito con baixo orzamento”.

Desde o seu estreo, (9 de Setembro de 2013) na súa canle oficial en YOUTUBE, acadou máis de 17 mil descargas, sendo en Vigo, “un proxecto bastante coñecido entre os mozos de 13 e 22 anos” sinala. Actualmente contan coa parcería de “Somos Galegos” e para a segunda tempada, CATARSIS conta con máis de cinco cámaras, un equipo de son diferente, e ata dous actores de renombre nesta tempada. CATARSIS pretende así abrirse portas no mercado das Web Series, e co apoio de toda a xente, chegar a consolidarse e facer grande este proxecto.

“O proxecto, está servindo agora de fórmula, para que calquera que se dedique a isto, teña a posibilidade de saír nun capítulo. A modo de escaparate, contarán nesta tempada co grupo BALDOSA AMARlLLA como banda sonora, dous actores de renombre, e moitas máis novidades”, adianta, Dave.

Engade que a raíz deste proxecto a algúns protagonistas desta Web serie estanlle a saír algúns traballos máis aló de internet, así como curtos, foto sesións, e a gravación de películas no cine, como a A Praia dos afogados e El club de los incomprendidos, a rodar nestes intres na área metropolitana.

CATARSIS - Capítulo IArriba el telón”

Dim lights Embed Embed this video on your site