Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Estrea do II capítulo de CATARSIS, a web serie adolescente rodada en Vigo e o Val Miñor.

Estrea do II capítulo de CATARSIS, a web serie adolescente rodada en Vigo e o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
adry-litost-play

-VM.info preséntache o segundo capítulo de CATARSIS.
Con case un milleiro de visitas no seu capítulo presentación, esta madrugada tivo lugar a estrea de "Adry", o capítulo II da webserie CATARSIS, do gondomareño Dave Conde. Tras cinco semanas dende que os mozos terminaron o bacharelato, agora están a vivir "o mellor verán das súas vidas".


Sinopse
Co nome CATARSIS estreouse a segunda tempada da serie web LITOST nada en 2013 coa particularidade de ser escrita e dirixida por adolescentes. O proxecto conta con medio centenar de novos actores a maioría de Vigo e do Val Miñor, que roldan entre os 16 e 22 anos. LITOST cambiou de nome a CATARSIS porque cada tempada é unha etapa diferente, na primeira tempada, coñecemos a Ana e os seus amigos, un grupo de mozos vigueses que coñecen a Adry (Dave Conde), un mozo novo na cidade que chega de Gondomar. Todo o mundo fala de que por culpa de el, Sheila (Paula Simoniak) Intentouse suicidar baixo os efectos das drogas. Como a vida mesma, LITOST mostraba aos seus personaxes en circunstancias graciosas e conversacións entre o reflexo do que poden ser os adolescentes de hoxe en día. En LITOST tamén se mostra o bullyng no instituto, a homosexualidade, o coqueteo coas drogas e o que supón un embarazo con tan só dezaseis anos.

Capítulo II "Adry"

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Capítulo I "Arriba el telón"

Dim lights Embed Embed this video on your site