Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Asi era o petróglifo do Chan de Rapadouro estragado en Chandebrito

Asi era o petróglifo do Chan de Rapadouro estragado en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Chan de Rapadouro Foto Angel de Prado

Así era o petróglifo do Chan ou mar de Rapadouro, estragado na parroquia de Chandebrito e denunciado hoxe pola Asociación "Chandebrito 1807". 

A cámara de Angel de Padro, membro do Clube Espeleolóxico Maúxo, recollía así estas imaxes espectaculares destes gravados castrexos.

Localízase nunha planicie coñecida como Mar ou Chan de Rapadouro, á beira esquerda da pista que desde o colexio ubicado na zona, intérnase no monte cara o noroeste. 

O que por sorte non puideron rachar os canteiros da época, que non terminaron de partir a pedra para levala pero que deixaron sen embargo a súa pegada nesta rocha que a cruza de parte a parte, puideron conseguilo os "vándalos" que repicaron parte deo gravado nestes días..

As rochas próximas presentan abundantes pegadas de cantería sendo probable que desaparecesen máis gravados.

Este é o estado que presenta actualmente logo da agresión ao gravado.

Petróglifo do Chan de Rapadouro - Foto AC. Chandebrito 1807