Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O IEM organiza unha nova “Noite de estrelas e lobos” na Serra da Groba.

O IEM organiza unha nova “Noite de estrelas e lobos” na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF
montouto
Download this file (Folleto Xeira 5 de 2014 maqueta 3.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A tradicional xeira "Noite de estrelas e lobos" que desenvolve o IEM todos anos na Serra da Groba terá lugar este mércores 30 de xullo. Sen necesidade de inscrición previa o punto de encontro será en Chan da Lagoa (Baiona) a partir das 21 horas. Coa guía dos membros do IEM, Xilberte Manso e Xosé Lois Vilar, subiremos ao Montouto para gozar do atardecer coas abraiantes vistas do Val Miñor, a Ría de Vigo e se o tempo o permite divisar Fisterra.

A continuación visitaremos un vello foxo de lobos (O Foxo Pedriño) e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito da besta que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa Serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que Julio Pereira Neiva, membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos cative coa observación deste ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).
Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).

Attachments:
File
Folleto informativo