Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A rondalla Santiago de Parada busca aspirantes e convoca á nova tempada de ensaios.

A rondalla Santiago de Parada busca aspirantes e convoca á nova tempada de ensaios.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-1

Contan con 50 integrantes dirixidos por Miriam Méndez Meira, pero queren seguir facendo historia na parroquia e lavar as súas músicas polo país. Por eso, a rondalla de Santiago de Parada convoca a nenas e nenos, mulleres e homes, sen importar a idade a convertirse en "rondalleiros" e unirse ao grupo totalmente de balde. Eles achegan os instrumentos para quen os necesite. Os ensaios comezan o vindeiro sábado 6 de setembro ás 21 horas no Centro Cultural Parada do Miñor, no Camiño da Igrexa, 6 (Parada – Nigrán). A disposición dos interesados poñen o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

  rondalla-parada-2

A rondalla Santiago de Parada, unha agrupación con historia.
Cóntanos Beatriz Fernández Magán, presidenta do C.C. Parada do Miñor, que a historia desta rondalla comeza a escribirse en outubro de 1993, co apoio da Asociación de Veciños Outeiro de Parada, "sendo presidente da mesma, don Alfonso Vázquez". Nesta primeira etapa, de 1993 a 1997, a rondalla tiña 84 compoñentes e estaba dirixida por Plácido Salgueiro Méndez. Daquela, as súas principais saídas foron a Vigo, a Moaña e Cangas así como a varios lugares da comarca do Val Miñor.
A súa segunda etapa comeza no ano 2007 e durou ata o ano 2011. Esta etapa coincidiu coa creación do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, sendo presidentes Anxo Valverde Pino e Germán Rey. Nesta etapa a rondalla tiña uns 70 compoñentes e tamén a dirixiu Placido Salgueiro Méndez. Nesta etapa participaron do Certame Provincial de Rondallas da Deputación en Vigo, no ano 2010. E tamén concorreron aos certames de Gondomar e Mos, facendo actuacións pola contorna e as cabalgatas de Reis do Concello de Nigrán e Baiona.
No ano 2011 interrompeuse novamente ata o ano 2012, no que se volve a retomar, sendo presidenta do centro cultural, Beatriz Fernández e vicepresidente Fernando Costas. Na actualidade a rondalla está dirixida por Miriam Méndez Meira e conta cuns 50 compoñentes e 6 abandeirados. Neste 2014 presentouse ao Certame Provincial de Rondallas da Deputación de Pontevedra.