Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Xavier Vence e Xan Carballa presentan o libro “Temos dereito a un futuro distinto”, no IEM.

Xavier Vence e Xan Carballa presentan o libro “Temos dereito a un futuro distinto”, no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
capa libro vence carballa

O vindeiro mércores 24 de setembro ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio do libro Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence (Engaiolarte, 2014). Obra centrada nunha profunda entrevista do xornalista Xan Carballa ao economista e portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. O libro será presentado nun acto cultural a desenvolver na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar. Contarase coa presenza de Xan Carballa e Xavier Vence.

O libro asinado por Xan Carballa é unha pescuda global da figura de Vence. O autor da obra é consciente da necesidade de ir desvelando a propia vida do entrevistado ao tempo que cómpre explicar o seu ideario político, acender un debate co político e economista ao redor daqueles temas que hoxe en día máis comenta a xente.